COMO
AS ONDAS
Como
as ondas do mar
compartimos
dominios interiores
pois
amamos a vida
Din
que o tempo non conta
En
praias virxinais descubrimos argazos
coas
forzas invisibles que organizan a vida
E
nós andamos mesmo coma cegos
Somos
rumor de ventos recollidos
na
lona desvelada dunha nave á deriva
Seremos
coma a rocha
que
coñece o misterio das aves que regresan
Seremos
coma a area ferida en desamparo
pola
pasada anónima
que
acouga coma un cántico
como
as ondas primeiras que van ó corazón
Cando
salfiren
firen
pero logo eternizan
Hai
algo en min que está fóra do tempo
Luz Pozo Garza:
As arpas de Iwerddon. (Ed. Linteo.
2005)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tu opinión me interesa. Es tuya.