sábado, 16 de noviembre de 2019

Xuntos






―Ven aquí.
―Que queres?
―Ven!
―Que?
―Que veñas!
―Que pasa, ho?
―Quero darche un bico.
―Eh?

―Quero bicarche os olliños, quero bicarche o nariz, quero bicarche as meixelas. 
―Ai, ho! 
―Senta ao meu lado neste sofá que tan ben nos coñece. Fóra chove, oito graos, a tarde está agrisallada. Case non escampou en todo o día, pero non é mala xornada: é unha tarde de outono case invernal, unha coma tantas outras en Auria. A tarde e a noite fundidas sen transición, un gris chumbo, un gris cinza, un gris que me arrastra aos teus brazos, os teus brazos tan fortes e sanadores para min. Que vida pode haber más alá deses brazos que me acollen, que me quentan, que me curan, que me apaixonan? 
―Ven acó, miña rula. 
―Cando sinto os teus brazos rodeando o meu van e abandono a miña cabeza no teu pescozo, sinto que entro noutra galaxia, afrouxan os tendóns, os músculos, a presión nos sens, os pinchazos no peito. Eu quero perderme nese abrazo, neses bicos, nesa calor medrando no meu corpo, nos nosos corpos, nas nosas veas, na pulsátil pulsación do sangue a bombear tac tac tac cara a tódolos órganos, cara á túa polla, cara á miña vaxina enchendo o meu clítoris. Quero envorcarme neste enorme sofá acolledor e voluptuoso; quero rebozarme como croqueta na túa saliva; quero enlamarme nos teus efluvios de home. Quero que a noite non chegue nunca, ou que chegue e nos arrase, que nos leve por diante, que nada importe ou que importe todo, pero que ese todo sexa estar pegados, xuntos, lapas neste inverno adiantado, nesta tarde agónica, neste mundo que nos afoga. Soamente quero acabar os meus días apreixada ás túas pernas, aos teus beizos, enganchada ao teu corpo, ao teu sexo, machihembrada e feliz. Que se cabe o mundo, que se afunda todo, que cona me importa! 
Ven e rematemos xuntos antes de que o ocase chegue!

Uol