Eros se manifiesta a diario. Ciertas personas necesitan guiarse por un sencillo programa de mano (libre)
domingo, 25 de julio de 2021
Voz verdadeira
POEMA CONTRA O SILENCIO
Gardamos nos arquivos da conciencia
milleiros e milleiros de silencios
que se encheron de mofo
podreceron,
caeron ao chan esfarelados
e foron vasoirados por obreiros
encargados do aseo da cidade: hai
porcalladas que ofenden gravemente
os olliños delicados dos burgueses.
O silencio é a morte e a impotencia.
O silencio e a tebra e a tristura,
a quebra das palabras e as cancións,
a bancarrota do home e o destino.
Por iso chamo co meu verso
a un exército de xílgaros cantores,
a unha multitude de ríos rumororos,
a todos os ventos vagamundos
e ás palabras comúns do meu idioma
―terra/colonialismo/mar/emigración―
acubillado e agachado nas aldeas,
nos tristes arrabaldos das cidades,
no corazón das clases populares.
Cómpre loitar contra o silencio;
é preciso, urxente e necesario
rematar co silencio dunha vez,
recobrar as palabras
unha
a
unha,
facer con elas proclamas e cancións,
primaveras de soños e de espranzas,
coiteladas de luz,
voz verdadeira
que obrigue a camiñar á nosa Patria.
Manuel María: Poemas para construír unha Patria (1977)
Publicado por
Uol Free
en
9:00
Enviar por correo electrónicoEscribe un blogCompartir en XCompartir con FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Foráneos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tu opinión me interesa. Es tuya.