Chove mainamente, coma unha acaricia, como o trémulo agarimo das ás da bolboreta sobre os meus dedos.
Chove humidamente, destilando unha cortina tenue que acaricia a miña face alzada ao ceo.
Chove timidamente, coa cautela de quen non quere molestar; coa consideración de quen ten a gala a mesura, a prudencia, a cortesía.
As fontes ao meu redor repiten o doce son, fanlle os coros ás pinguiñas que descenden preguiceiras, caladas.
Orballa e eu sinto todas esas pingas dentro de min, coma unha flor que mira ao ceo, corola que recibe agradecida o elixir da vida, da felicidade.
Uol
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tu opinión me interesa. Es tuya.