martes, 3 de septiembre de 2013

Mástil



VARA

Trouxéronte as ondas,
flotando lento e suave, 
maderito,
ata esta ribeira nugallenta e ancestral,
e pousaches na beira,
docemente, 
maderito,
agardando que as miñas mans
enredasen nas túas,
algas escuras a entrelazarse
nun baile lento e sensual. 

Maderito lustroso,
pauciño brillante,
reliquia amada,
meu cristo irredento,
soñando tocarte
mil e unha veces máis
convertícheste en báculo,
meu bordón amado,
nacido, maderito,
para ser mastro
desta barca vagarosa
que polo mundo vai.


Lou 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Tu opinión me interesa. Es tuya.