O
noso amor é mencer, tamén solpor
e negrura da noite, luz do día,
luceiro escentilante que nos guía
a un universo senlleiro e tentador.
Non é soidade o amor, melancolía,
brillante, sobrehumano resplandor:
é berro fondo, calado, aterrador
que, urxentemente, esixe compañía!
O verdadeiro amor sempre é mencer,
claridade que nace porque si
na imprecisión total do noso ser.
Non teño outro desexo, máis querer,
que vivir, miña amiga, perto a ti
e, ao teu lado, soñar e envellecer.
Manuel María: Poemas da labarada estremecida (1981)
e negrura da noite, luz do día,
luceiro escentilante que nos guía
a un universo senlleiro e tentador.
Non é soidade o amor, melancolía,
brillante, sobrehumano resplandor:
é berro fondo, calado, aterrador
que, urxentemente, esixe compañía!
O verdadeiro amor sempre é mencer,
claridade que nace porque si
na imprecisión total do noso ser.
Non teño outro desexo, máis querer,
que vivir, miña amiga, perto a ti
e, ao teu lado, soñar e envellecer.
Manuel María: Poemas da labarada estremecida (1981)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Tu opinión me interesa. Es tuya.