martes, 17 de mayo de 2016

A palabra V

17 de mayo
DÍA DAS LETRAS GALEGAS  2016


O pobo que deixa perder a súa palabra
creada, herdada, usada, revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente súa,
está empobrecendo o mundo,
e perpetrando o seu propio xenocidio.
Este pobo vil
ollará aniquilada a súa lembranza
e o seu nome indigno
borrarase, sen máis, do universo:
hai agresións á beleza e ao espírito
que a vida no tolera nin perdoa.

Manuel María: Os lonxes do solpor. Fundación Manuel María 2012.
Autor do Día Das Letras Galegas 2016


Traducción al español por Uol Free:

El pueblo que deja perder su palabra
creada, heredada, usada, revelada,
aquella que le es propia y singular,
la que es únicamente suya,
está empobreciendo el mundo,
y perpetrando su propio genocidio.
Este pueblo vil

verá aniquilado su recuerdo
y su nombre indigno
se borrará, sin más, del universo:
hay agresiones a la belleza y al espíritu
que la vida no tolera ni perdona.

4 comentarios:

  1. Eu fun educado en castelán por xente que falou castelán por pertencer a un anaquiño que o falaba. Teño cousas pendentes co galego, pero no estan a poñelo doado. De calquera xeito, suscribo estas verbas cunha xenreira que hoxe esta mal vista. Coido que o que fixo perder a lingua da nosa terra foi a xente galego parlante que educou ós seus fillos no idioma dos señoriños. E coido tamén que xa non ten volta atrás. :-(

    Un bico, veciña.

    ResponderEliminar
  2. Eu considérome bilingüe. Este blog só pertence a unha das esferas da miña vida. Na outra uso enteiramente a lingua galega, blog incluído.

    O autoodio dos galegofalantes xa foi denunciado no século XVIII polo Padre Sarmiento. De aí vén tamén a nosa querencia polos caciques: na imaxinería popular cren que se se arriman ao cacique acabarán sendo eles caciques; pobres malpocados, a ansia de mandar e someter corróeos!

    Falar galego é unha vontade cando as condicións non son favorables. Pódese facer, eu e miles somos a mostra: castelanizados na escola e agora amantes da nosa lingua e coñecedores da imposta, tamén asimilada e apreciada: afortunados os que podemos ler a Fole, a Castelao...pero tamén a García Márquez, a Cervantes o a Pessoa.
    Bicos animosos!

    ResponderEliminar
  3. Súmome a ese colectivo do que ti falas. E de nós depende que siga tan viva como nos chegou. A pesares de todos os pesares.

    Mil primaveras máis!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que sí! A pesar de todos os pesares haberá mil primaveras máis!
      Bicazos, Chousa!

      Eliminar

Tu opinión me interesa. Es tuya.